Slide thumbnail

O Alto

A Barciela

A Foca

A Fonte do Torno

A Igrexa

A Polveira

Sigüeiro

O Valado

O Vintecatro

A BARCIELA

Benavente

A Caluba

Albeanas

Superficie

4.84 km2  

e un perímetro de  11.35 km

Poboación

Segundo o INE en 2021
326 habitantes

Distancia á Catedral

En coche: 15,1 kms -23 minutos

Camiñando: 13,1 kms – 2 horas 45 minutos 

Festas

 San Andrés (Novembro)

 San Brais ou San Blas (Febreiro)

Sacramento (Agosto)

Santa Eufemia (Setembro)

Situación

A uns 13 km ao norte do centro histórico atópase a parroquia de San Andrés de A Barciela, cuxos límites coas parroquias do Concello son con Cesar ao Leste, Marantes ao Oeste e Enfesta ao Sur, tamén limita co Concello de Oroso polo Norte.

Históricamente formou parte do Concello de Enfesta ata 1962, ano no que se incorporou ao Concello de Santiago. Na mesma situación atópanse as parroquias de San Xoán de Fecha, Santa Cristina de Fecha, Grixoa, Verdía, Busto, Nemenzo, Marantes, Enfesta, Cesar, Carballal e Sabugueira.

A nivel de demarcación relixiosa, está adscrito ao Arciprestazgo de Bama e depende da diócese de Santiago.

Ten unha superficie de 4,84 km2 e un perímetro de 11,35 km no que se atopan as aldeas do Alto, A Barciela, Benavente, A Caluba, A Foca, A Fonte do Torno, A Igrexa, A Polveira, Sigüeiro, O Valado, O Vintecatro e Albeanas.

A orografía da parroquia destaca por estar regada polo río Tambre e ter unha altitude media duns 300m. Ademáis, como o resto da Casa do Concello, está situada a uns 260 m sobre o nivel do mar.

Segundo os datos do INE en 2021, A Barciela ten unha poboación de 326 habitantes, dos cales 155 son mulleres e 171 homes. Dita poboación concéntrase fundamentalmente na aldea de Sigüeiro, en contraste coas aldeas do Alto e A Foca actualmente deshabitadas.

A Barciela pódese acceder pola estrada N-550 que une A Coruña con Tui e pola AC-250, que une Lavacolla e Sigüeiro.

Distancias de San Andrés da Barciela á Catedral:

  • Coche: 15,1 km – 23 minutos
  • Camiñando: 13,1 km – 2 horas 45 minutos
  • Bicicleta: 13,5 km – 51 minutos

Hemeroteca

1911El Eco de SantiagoDías pasados se desbordó el río Tambre, en Sigüeiro, y arrasó los sembrados de varias fincas. Además destruyó un molino harinero del lugar de Barciela, en Enfesta.
1917El Eco de SantiagoPara el próximo mes de Julio se inaugurará el nuevo templo parroquial de Barciela, cuyas obras fueron costeadas por el vecindario con la cooperación del prelado.
1924El Eco de SantiagoEl Ayuntamiento de Enfesta acuerda que la feria de ganado que venía efectuándose los días 24, en Barciela, se celebre en el Campo de Agualada en Marantes.
1927La Voz de GaliciaPara arrendar una casa con destino a la escuela en la parroquia de Barciela tiene abierto un concurso el Ayuntamiento de Enfesta

Patrimonio e que ver

A Barciela ten patrimonio repartido, boa parte do mesmo está protexido e localizado polo PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal). Este patrimonio é tanto relixioso coma civil.

O relixioso concéntrase no conxunto parroquial da igrexa de San Andrés e no cruceiro de pedra que ten en fronte. A igrexa de San Andrés data de 1917 e está construída en estilo modernista. De pranta rectangular, consta dunha fachada cun corpo central e dous laterais e colindante un cemiterio.

A porta ten un dintel, na súa parte superior hai unha ventá redonda e outras dúas nos laterais que permiten a entrada de luz ao interior. Ademáis das ventás nos corpos laterais da fachada. A igrexa coroase cun dobre campanario de arcos apuntados rematado por unha cruz sinxela e balaustradas na parte superior da fachada.

O Cruceiro da Igrexa sitúase a escasos metros da fachada principal da igrexa de San Andrés. Trátase dunha cruz de pedra tipo crucifixo que incorpora unha mesa de pedra sobre os tres chanzos da base. O seu varal é cilíndrico e ten un capitel ricamente decorado con escenas da Paixón.

Na mesma parroquia hai outros dous cruceiros de pedra, na zona de Albeanas, de titularidade privada.

A varios quilómetros da igrexa actual atópanse os restos dunha antiga igrexa medieval. Segundo os datos que se conservan esta sería a antiga igrexa parroquial da Barciela e os seus arredores ata a actualidade. En canto ao patrimonio civil, é destacable a presenza de elementos históricos como os Castros de Corela e Caluba ou as medorras.

O Castro da Corela datado da Idade do Bronce, conserva un recinto central rodeado en todo o seu perímetro por un parapeto, fronte a este hai un burato de considerable profundidade (6-8 m). As dimensións do recinto oscilan entre os 125 m e os 105 m. En 1987 realizáronse prospeccións que atoparon fragmentos cerámicos e ímbrices (tellas curvas).

O Castro da Caluba, tamén da Idade do Bronce está formado por un recinto oval rodeado por un parapeto de barro no seu perímetro, agás no sector norte-noroeste. Tamén está totalmente rodeado por un burato que no seu extremo noroeste foi escavado na rocha do substrato a unha profundidade de 1,80 m e cunha anchura de 4 m. A porta está orientada ao sureste e está flanqueada no seu lado leste por un bastión de considerable altura que sobresae sobre o terraplén.

Actualmente viuse afectado en cunetas e parapetos pola concentración parcelaria e edificacións próximas. Polo seu lado pasa o Camiño Inglés a Santiago.

As Medorras da Barciela. Como as mámoas, son construcións prehistóricas, probablemente da Idade do Bronce, e funerarias.

Elementos patrimoniais catalogados

ENTIDAD,C,250LonxitudeLatitude
Conxunto Parroquial de Santo André de Barciela42.9644-8.4456
Igrexa de Santo André de Barciela42.9640-8.4453
Cruceiro no conxunto parroquial de A Barciela42.9644-8.4455
Casa en A Igrexa de Barciela42.9642-8.4457
Casa en Sigüeiro (Barciela)42.9658-8.4464
Casa en O Valado (Barciela)42.9658-8.4458
Igresario da Barciela42.9562-8.4378
Castro da Coluba42.9604-8.4457
Medorra  nº1 da Barciela42.9574-8.4316
Mámoa nº2 da Barciela42.9571-8.4309
Castro da Corela (O Valado)42.9690-8.4519

Sabías que…?

En Barciela atópase a chamada Fonte do Inglés, que debe o seu nome a que por esa zona transcorre o Camiño Inglés a Santiago.

Asociacións

Asociación de Veciños “San Blas da Barciela”

(Lg Polveira Edif. Cristal, bloque III esquerda-baixo, A Barciela, 15884)

Onde aloxarse/comer

A 1 km da igrexa de San Andrés, atópase a localidade de Sigüeiro (concello de Oroso) onde se poden atopar todo tipo de servizos.

https://galiciaturismorural.es

https://www.santiagoturismo.com