Superficie
3.84 km2
e un perímetro de 11.56 km
Poboación
Segundo o INE en 2021
1223 habitantes
Distancia á Catedral
En coche: 6.3 kms – 15 minutos
Camiñando: 4 kms – 55 minutos
Festas
San Martiño (Novembro)
San Roque (Agosto)
A uns 4 km ao Suroeste do centro histórico, a parroquia de Laraño linda ao Oeste con Villestro e Ortoño, ao Norte con Figueiras e San Paio, ao Leste con Vidán e Conxo, e ao Sur co Concello de Ames ( Biduido).
Desde 1835 formaría parte do Concello de Conxo xunto coas parroquias de Conxo, Aríns, Villestro, Figueiras, O Eixo e Marrozos, que forman parte do coñecido como Xiro da Rocha. En 1925 todos eles ingresaron no Concello de Santiago e pasan tamén a formar parte do Arciprestazgo de Xiro da Cidade, dependente da diócese de Santiago.
Ten unha superficie de 3,84 km2 e un perímetro de 11,56 km que se distribúe principalmente nas aldeas da Amañecida, O Casal, A Barcia, Coira, A Igrexa, Lamas, Larañiño, Munín, Pardiñas de Abaixo, Pardiñas de Arriba , Paredes , Reibó, O Rial e Santomil.
Laraño está bañado polo río Sarela e os seus afluentes: Vilar, Cova e Fontecova. O termo ten unha altitude media de 200 m e está a uns 260 m sobre o nivel do mar.
Segundo datos do INE, en 2021 Laraño ten unha poboación de 1.223 habitantes, dos cales 650 son mulleres e 573 homes. Esta poboación concéntrase maioritariamente na aldea da Barcia, ao contrario que A Amañecida que é a que menos conta con 22.
A través da estrada C-543 de Santiago a Noia pódese acceder a esta parroquia.
Distancias de San Martiño de Laraño á Catedral:
1899 | El Eco de Santiago | Se menciona la cantera de Laraño. |
1907 | El Noroeste | Ordenose al alcalde de Conjo que abra una información pública sobre la ocupación de las aguas de la fuente del lugar de la Iglesia, en la parroquia de Laraño. |
1910 | El Eco de Santiago | Hace unos días recibió el alcalde de Conjo una carta firmada por entusiasta santiagués D. Gumersindo del Busto residente en Buenos Aires, en la cual le encarga escoja en la parroquia de Laraño el sitio más á propósito para levantar una escuela para niños y niñas con arreglo al sistema alemán, en la cual tendrán también los profesores cómoda casa habitación. El perímetro que ocuparán las escuelas es de 10 hectáreas el cual ya ha sido elegido por la comisión del ayuntamiento de Conjo que fue a Laraño con dicho objeto. |
1937 | El Compostelano | Artículo por el fallecimiento de Gumersindo Busto Villanueva. El creador de la Biblioteca América compostelana, nació en San Martín de Laraño. |
Laraño conta cun amplo patrimonio repartido por toda a súa extensión, boa parte do cal está protexido e localizado polo PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal). Pódese dividir en monumentos relixiosos e civís.
Entre os primeiros destaca o conxunto parroquial composto pola Igrexa (séculos XVI-XVIII) de deseño barroco, adicado a San Martiño. De pranta rectangular, a súa cuberta está lixeiramente elevada á altura da capela maior. Os seus muros son encalados e de escasa decoración exterior, agás a figura do santo na súa fachada principal. Destaca o campanario de pedra, o adro está achandado con herba e pedra nas entradas.
O conxunto complétase co Cruceiro do adro parroquial de pranta hexagonal e cinco chanzos sobre os que se asenta o pedestal cúbico coa representación dos símbolos da Paixón. Tamén forma parte del o Campo da festa de 1.387 m2 cuxo principal interese é o Palco da Música.
A parroquia conta con ata 5 cruceiros repartidos polo seu territorio: Cruceiro do Cementerio Laraño , Cruceiro de Coira, Pardiñas (2) e Laraniño.
Cabe mencionar o Peto de ánimas de Coira de 1768, que é unha talla en pedra da Virxe co Neno en brazos e persoas abaixo.
En canto aos monumentos civís, destaca a Estación do Casal, as pontes de Reibóo, A Barcia e Pardiñas, as fontes de Silvouta, San Martín de Laraño e Munín, os lavadoiros de Amañecida, Santomil, Igrexa de Laraño, Lamas, Coira ou Pardiñas de Arriba. Tamén conta cun bo número de muíños en Reibóo, Rial Paredes (2), A Barcia (2), Lamas (3), Pardiñas, Rial e Silvouta.
O monumento civil máis importante é a Fábrica de Papel ou Curtiduría de Laraño e os Xardíns de Brandía.
A fábrica de papel construída cara a 1792 funcionou como tal ata arredor de 1847 cando xa se fala dela coma curtiduría. A principios do século XX foi unha fábrica de cervexa e xeo ata que pasou a mans da Papelera de Brandía. Despois de anos de abandono, é restaurado e reconvertido no hotel A Quinta da Auga.
O Parque de Brandía é un amplo espazo verde do barrio de Vidán que conta con 6 hectáreas divididas en zonas pola vexetación. Destaca especialmente a antiga carballeira e o Xardín Xeométrico, restaurado no ano 2003, que se sitúa fronte á Villa Rial (actual centro sociocultural de Vidán). Trátase dun pequeno xardín de estilo romántico de forma rectangular que se divide en tramos por camiños, o principal paralelo ao río Sar. Posúe unha variedade de prantas: sebes de buxo, loureiros, lavanda,… Detrás do valado que delimita o xardín, árbores exóticas, camelias e plátanos acompañan o camiño.
ENTIDAD,C,250 | Lonxitude | Latitude |
Conxunto Parroquial de San Martiño de Laraño | 42.8657 | -8.5829 |
Igrexa Parroquial de San Martiño de Laraño | 42.8658 | -8.5832 |
Cruceiro na Coira (Laraño) | 42.8564 | -8.5872 |
Cruceiro no conxunto parroquial de Laraño | 42.8655 | -8.5826 |
Cruceiro no Cemiterio de Laraño | 42.8678 | -8.5808 |
Ponte en Reibóo (Laraño) | 42.8647 | -8.5896 |
Estación de O Casal de Laraño | 42.8618 | -8.5876 |
Finca en Munin (Lamas, Santiago) | 42.8737 | -8.5961 |
O Rial de Laraño | 42.8689 | -8.5919 |
Finca en Pardiñas de Arriba (Laraño) | 42.8653 | -8.5991 |
Finca en Casas do Monte (Laraño) | 42.8665 | -8.5930 |
Reibóo (Laraño) | 42.8649 | -8.5892 |
Conxunto no Casal de Laraño | 42.8621 | -8.5879 |
Dras casas en Coira (Laraño) | 42.8567 | -8.5875 |
Conxunto en Laraño | 42.8657 | -8.5826 |
Casa en Larañiño (Laraño) | 42.8677 | -8.5890 |
Conxunto en A Barcia (Laraño) | 42.8740 | -8.5865 |
A Amañecida (Laraño) | 42.8664 | -8.5776 |
Conxunto en Santomil (Laraño) | 42.8644 | -8.5824 |
Conxunto en San Martiño (Laraño) | 42.8652 | -8.5836 |
Conxunto en Pardiñas (Laraño) | 42.8656 | -8.6002 |
Conxunto en Munín (Laraño) | 42.8733 | -8.5919 |
Peto de Animas na Coira (Laraño) | 42.8568 | -8.5880 |
Lavadoiro en Pardiñas de Arriba (Laraño) | 42.8646 | -8.5980 |
Lavadoiro na Igrexa Parroquial de Laraño | 42.8658 | -8.5827 |
Lavadoiro na Amañecida (Laraño) | 42.8662 | -8.5780 |
Fonte no conxunto parroquial de Laraño | 42.8657 | -8.5828 |
Fonte en Pardiñas de Arriba (Laraño) | 42.8645 | -8.5984 |
Fonte na Amañecida (Laraño) | 42.8662 | -8.5780 |
Fonte e lavadoiro en Santomil (Laraño) | 42.8643 | -8.5821 |
Fonte e lavadoiro en San Martiño de Laraño | 42.8648 | -8.5890 |
Muíño en Pardiñas (Laraño) | 42.8672 | -8.6050 |
Muíño en Rial (Laraño) | 42.8682 | -8.5917 |
Muíño en Reibóo (Laraño) | 42.8645 | -8.5897 |
Muíño en Paredes (Laraño) | 42.8763 | -8.5832 |
Muíño en Paredes (Laraño) | 42.8695 | -8.5832 |
Muíño en Lamas (Laraño) | 42.8730 | -8.5906 |
Muíño en Lamas (Laraño) | 42.8729 | -8.5909 |
Muíño en Lamas (Laraño) | 42.8728 | -8.5909 |
Muíño en Lamas (Laraño) | 42.8728 | -8.5911 |
Palco de la Música (Laraño) | 42.8656 | -8.5825 |
Parque de Brandía Vidán (Laraño) | 42.8699 | -8.5797 |
Durante a Guerra da Independencia, o xeneral francés Ney enterrou nos arredores de Laraño un tesouro duns 60 millóns de francos.
Durante anos houbo un importante mercado de mulas en San Martiño de Laraño.
Asociación de veciños “A Xunlla de Laraño”
(Larañiño, 12 15896)
Asociación de “Veciños e veciñas de Coira”
(Lugar de Coira nº 24 – Laraño 15897)