Superficie
15.39 km2
e un perímetro de 21.01 km
Poboación
Segundo o INE en 2021
279 habitantes
Distancia á Catedral
En coche: 14,5 kms – 22 minutos
Camiñando: 13,5 kms – 3 horas
Festas
San Xoan (Xuño)
San Pedro (Xuño)
Virxe do Carmen (Xuño)
San Xoán de Fecha está situado a 14 km do centro da cidade, ao noroeste do Concello de Santiago e tocando os concellos de Val do Dubra (Portomouro) e Trazo (Xavestre) ao Norte e a parroquia de Ameixenda do Concello de Ames ao Sur. Coas parroquias santiaguesas limita con Santa Cristina de Fecha ao Oeste, Grixoa e A Peregrina ao Leste, e ao Sur con Figueiras.
A súa circunscrición ao Concello de Santiago é relativamente recente, xa que foi anexionada en 1962 co resto das parroquias, Enfesta, Santa Cristina de Fecha, Grixoa, Verdía, Busto, Nemenzo, Marantes, Barciela, Cesar, Carballal e Sabugueira. que ata entón compoñía o Concello de Enfesta.
A nivel relixioso, está adscrito ao Arciprestazgo de Xiro da Rocha e á diócese de Santiago de Compostela.
A súa extensión é de 15,39 km2 cun perímetro de 21,01 km nos que se sitúan as aldeas de Albudiño, Camouzo, Fecha, Fontoade, Lamascal, A Ponte Alvar, Roán, Vilar do Rei e Vilas.
A parroquia está bañada polos regatos de Bachao, Vilar de Rei e Ponte Vilar, sendo os tres afluentes do Tambre. A altitude máxima sitúase no monte Espiñeira con 531 m, sendo a media do resto da parroquia duns 400 m de altura e mantendo os 260 m sobre o nivel do mar propios do resto do municipio.
San Xoán ten 279 veciños, dos cales 143 son mulleres e 136 homes, segundo os datos do INE do ano 2021. A maior concentración de poboación atópase na aldea de Albudiño, sendo Bachao a menos poboada con só 2 habitantes.
Para chegar a esta parroquia empregaremos a estrada DP-0701 que vai de Santiago a Santa Comba.
Distancias desde San Xoán de Fecha ata a Catedral:
1896 | El Eco de Santiago | En la parroquia se ha abierto una suscripción para el Batallón de Voluntarios. |
1901 | El Eco de Santiago | Se mencionan unas canteras en la aldea de Iglesia. |
1913 | El Eco de Santiago | Creación de escuela en la parroquia de Roán. |
1921 | El Eco de Santiago | Se anuncia la venta en pública subasta de una parte de casa, veintidós suertes de tierra y cierta parte de montes en términos del lugar del Vilar del Rey, parroquia de San Juan de Fecha, con un derecho de molienda y el de percibir un cuartillo y cinco sextos de centeno. |
San Xoán de Fecha conta cun variado patrimonio espallado polo seu territorio, boa parte do cal está protexido e localizado polo PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal). Pódese dividir en monumentos relixiosos e civís.
O seu patrimonio relixioso conta con dúas localizacións principais, as integradas polos conxuntos parroquiais das dúas igrexas da parroquia, a de San Xoán de Fecha e a Capela de Lamascal, próxima ao cemiterio.
A Igrexa de San Xoán de Fecha, construída no século XVIII, é de estilo barroco. Ten pranta rectangular e ábsida máis estreita diferenciada, coa sancristía pegada ao lado esquerdo e cuberta a dúas augas. O dobre campanario con arcos de medio punto está coroado cunha cruz sinxela.
Na parte frontal da igrexa está o Cruceiro da igrexa. De corte sinxelo, érguese sobre tres chanzos ou gradas de base cadrada. O varal comeza en forma cuadrangular para irse facendo paulatinamente octogonal e volvendo ao cadrado da parte superior que sostén unha sinxela cruz de pedra.
Este conxunto complétase coa casa reitoral,un pequeno pazo clerical de estilo renacentista, un dos poucos exemplos deste tipo de arquitectura en Santiago. De pranta rectangular, destaca pola súa moldura con arco oxiado na porta.
A Capela de Lamascal data dos séculos XVI-XVIII, atópase nun outeiro da vila do mesmo nome que foi nivelado nos anos 60 do século pasado, para construír a casa parroquial e o campo da festa. Construída en cachotería de granito, ten pranta rectangular con cuberta a dúas augas e porta alintelada cunha pequena ventá sobre ela. O campanario, con oco para campá, está rematado con adornos nas esquinas e unha cruz.
Nas proximidades atópase o Cruceiro da Capela de Lamascal, de tres chanzos e un varal octogonal que remata nunha sinxela cruz. E o do Cemiterio de Lamascal de aspecto semellante.
O patrimonio civil abarca diversos elementos, dende os hórreos e muíños tradicionais, ata os rupestres representadas en petróglifos ou castros.
Preto da aldea de Vilar de Rei, atópase o Castro de Fontoade, tamén coñecido como Castro Vello, que data da Idade do Bronce. É de forma elíptica, con dúas plataformas nos sectores leste e oeste. O eixe maior mide 100 m e o menor 45 m. Os muros defensivos, parcialmente conservados, son de pedra “seca” levantada con rochas naturais propias da zona. A entrada, aberta ao sueste, está delimitada por dous macizos rochosos, a modo de torres.
Na zona norte do Castro atópase a coñecida como Pedra que Fala, (adxunta foto) descuberta nos anos 60 do pasado século, que amosa na súa superficie varios petróglifos. Os círculos concéntricos, algúns unidos por trazos e de difícil interpretación, datan da Idade do Bronce, mentres que os cruciformes (simples e con puntas de copa) e ferraduras datan da Idade Media.
O nome da rocha explícase popularmente pola crenza de que respondía a todas as preguntas que se facían dende o camiño que pasa aos seus pés.
https://compostelarupestre.gal/es/_petroglifo-a-pedra-que-fala-es
http://megaliticia.blogspot.com/2015/10/petroglifo-pedra-que-fala.html
Preto atópase a Pedra dos Miralles, próxima a Vilar de Rei, a tan só 200 metros ao leste da Pedra que Fala no alto dun outeiro que tamén mostra petróglifos na súa superficie. Trátase dun conxunto de rochas irregulares, de máis de tres metros de altura, que amosan motivos circulares, cruces e ferraduras.
ENTIDAD,C,250 | Lonxitude | Latitude |
Conxunto Parroquial de San Xoán de Fecha | 42.9702 | -8.5788 |
Igrexa Parroquial de San Xoán de Fecha | 42.9703 | -8.5787 |
Igrexa de Lamascal (San Xoán de Fecha) | 42.9481 | -8.5862 |
Cruceiro no conxunto parroquial de San Xoán de Fecha | 42.9702 | -8.5792 |
Cruceiro do Camposanto | 42.9481 | -8.5824 |
A Ponte Albar (San Xoán de Fecha) | 42.9690 | -8.5458 |
A Ponte Vilar (San Xoán de Fecha) | 42.9539 | -8.5622 |
Pontella no Lamascal (San Xoán de Fecha) | 42.9451 | -8.5767 |
Casa Rectoral de San Xoán de Fecha | 42.9704 | -8.5795 |
Cruceiro de Lamascal – Ponte Albar (San Xoán de Fecha) | 42.9475 | -8.5862 |
Vilar do Rei (San Xoán de Fecha) | 42.9651 | -8.5902 |
A Igrexa (San Xoán de Fecha) | 42.9705 | -8.5788 |
Vivenda na Ponte Albar (San Xoán de Fecha) | 42.9590 | -8.5606 |
Vivenda en Roán (San Xoan de Fecha) | 42.9335 | -8.5887 |
Vivenda en Roán (San Xoán de Fecha) | 42.9339 | -8.5889 |
Casa en Vilas (San Xoán de Fecha) | 42.9383 | -8.5828 |
Casa Grande do Vachao | 42.9741 | -8.5788 |
Fontoade (San Xoán de Fecha) | 42.9457 | -8.5901 |
Cruceiros de Albudiño (San Xoán de Fecha) | 42.9544 | -8.5590 |
Muíño en Camouzo (San Xoán de Fecha) | 42.9453 | -8.5976 |
Muíño entre Camouzo e Fontoade (San Xoán de Fecha) | 42.9423 | -8.5930 |
Muíño no Lamascal (San Xoán de Fecha) | 42.9441 | -8.5769 |
Muíño no Lamascal (San Xoán de Fecha) | 42.9474 | -8.5789 |
Muíño en San Xoán de Fecha | 42.9740 | -8.5807 |
Muíño en San Xoán de Fecha | 42.9744 | -8.5799 |
Muíño nº1 de Ponte Vilar | 42.9531 | -8.5628 |
Muíño nº2 de Ponte Vilar | 42.9518 | -8.5635 |
Petroglifo da Pedra que Fala (Vilar de Rei) | 42.9663 | -8.5788 |
Castromaior / Castro de Fecha (Vilar de Rei) | 42.9580 | -8.5905 |
Castro de Fontoade | 42.9473 | -8.5919 |
A medoña de Gatofero | 42.9301 | -8.5807 |
Mámoa do Alto da Medorra | 42.9284 | -8.5869 |
Mámoa nº 1 das Laxas (As Laxas) | 42.9555 | -8.5850 |
Mámoa nº 2 das Laxas (As Laxas) | 42.9252 | -8.5862 |
Mámoa nº 3 das Laxas (As Laxas) | 42.9257 | -8.5839 |
Leandro Carré recolle a lenda de Pero Albar de onde parece derivar a toponimia de Ponte Alvar.
Unha cova da zona serviu de refuxio ao guerrilleiro Benigno Andrade García “Foucellas” buscado pola Garda Civil.
En 1895 Miguel Bruzos, veciño da zona, construíu unha pequena central eléctrica chamada Fábrica da luz.
Asociación de veciños de “San Juan de Fecha”
(LG/ O Lamascal, 10,15898)