Preguntas frecuentes

INFO DE INTERESE

En xeral si, salvo tramos moi concretos como por exemplo no Gatofero ou na zona da Pontealbar, na ribeira do Tambre.
Ademais de planificar a ruta e consultar un mapa ou levar o móbil cargado, convén informarse da previsión meteorolóxica, seguir a sinalización, levar provisións, roupa e calzado axeitados e protexerse da choiva ou do sol.

Para máis información, podes consultar: consellos para iniciar unha ruta

SENDEIRISMO

Si. Todas as rutas contan con sinais que nos facilitarán o noso percorrido mediante frechas e indicacións do tramo en que nos atopamos así como da distancia entre o inicio e o final de cada unha das etapas. Para máis información sobre o mapa da ruta e a dificultade dos itinerarios: mapa de rutas, descrición do percorrido…
Todas as etapas do Xiro Grande poden percorrerse a pé. Recomendamos consultar antes o mapa da ruta para ver a duración e o percorrido así como outras características de interese.

TRANSPORTE PÚBRICO E APARCADOIROS

Nas inmediacións de todos os puntos de inicio de ruta podes aparcar gratuitamente. Ten en conta que non se pode obstaculizar a entrada de camiños xa que isto podería impedir o paso de servizos de emerxencia ou o acceso da veciñanza á zona.

EMERXENCIAS 112

O 112 é un teléfono único de emerxencias que funciona as 24 horas do día e todos os días do ano. Podemos usalo en caso de accidentes, emerxencias médicas, incendios, agresión, roubos ou outras circunstancias de urxencia real. Tamén se pode descargar a app do 112, que facilitará a nosa rápida localización en caso de necesidade.
Se se trata dunha emerxencia chamar ao 112 e se non é urxente ao 012 de información. Seguir a sinalización da ruta, ter en conta circunstancias climáticas, informar a alguén previamente da nosa intención de facer unha ruta por se é preciso localizarnos ou ter en conta as horas de luz solar, son cousas que nos poden axudar a desfrutar da nosa experiencia con seguridade.

SERVIZOS

Podemos levar o lixo para a casa ou ben depositalo nos colectores de recollida selectiva que atopemos nas distintas parroquias. Hai que ter en conta que o lixo é un reclamo para moitas especies de fauna, ademais da contaminación que supón do medio natural e, por ese motivo, apenas hai colectores neste tipo de espazos.
Si, hai algúns declarados, como o Monte Espiñeira, e moitos outros que, sen ser declarados, nos permitirán gozar de excelentes vistas, como o monte Castromaior, A Cruxeira...

COMER E BEBER

Aconsellamos consultar o mapa da ruta para comprobar se nas parroquias por onde pasamos atopamos algún establecemento de hostalaría que nos quede preto. Como moitas veces non é así, recoméndase levar auga ou algo de comer.
Si. Pódense atopar varias fontes naturais ao longo das rutas do Xiro, pero normalmente a auga non está tratada.
Non se pode facer lume. Só está permitido en zonas habilitadas cociñar e sempre atendendo á normativa municipal e autonómica.

BICICLETA

Sí. As rutas do Xiro pódense facer a pé e en bicicleta. En todo caso, consultar primeiro a ruta que nos interesa, ver o mapa e o grao de dificultade sempre é aconsellable.

CAZA E PESCA

Como norma xeral, non, salvo nas zonas marcadas e respectando sempre a normativa autonómica ao respecto. Máis info en xunta

ANIMAIS DE COMPAÑÍA

Si. É importante ter en conta a duración da ruta, o respecto á fauna salvaxe e responsabilizarnos da recollida de excrementos para poder desfrutar da natureza ao tempo que contribuímos ao coidado e mantemento dun medio limpo.
En calquera das rutas do Xiro que fagamos podemos desfrutar da riqueza da súa biodiversidade. Polo xeral son especies salvaxes, que evitan o contacto humano, polo que se o percorrido da ruta se fai con discreción, é probable que se deixen ver. Aves moi diversas, que van variando en función da época do ano, mamíferos como coellos, lebres, raposos, cabalos, vacas, ovellas, especies como parrulos, bubelas, pequenos insectos, anfibios e réptiles, troitas, garzas…, facilmente visibles á beira dos ríos ou vivindo neles…, bolboretas, abellas…, e moitos máis que de seguro descubriredes no voso percorrido.
Se no noso percorrido polas rutas do Xiro atopamos algún animal ferido, é recomendable contactar con persoal especializado. Podemos contactar con Protección Civil de Santiago: 981 543 105, Garda Civil (Seprona): 062, Centros provinciais de Recuperación de Fauna (CRF): 881 960 405 / 686 597 745 (A Coruña) ou co número de Urxencias: 112 .
Os animais salvaxes poden ter un comportamento agresivo en determinadas situacións, por exemplo se se senten ameazados, poden producir picaduras, irritacións por contacto… Se atopamos un animal ferido non debemos tocalo nin collelo, pero é recomendable contactar co centro de recuperación de animais da nosa provincia ou comunicar a emerxencia ao 112.

FLORA

Que flora podemos atopar nas rutas do xiro? -No percorrido que facemos polas distintas rutas do Xiro podemos atopar, se observamos con atención, diversas especies vexetais de flora autóctona. En función da época do ano en que esteamos, así como da xeoloxía, orientación ou altura do terreo haberá plantas herbáceas, arbustos, árbores, cultivos forraxeiros, fungos etc., como exemplos da gran riqueza vexetal que podemos descubrir ao pé do noso camiño. - Para máis info.

PATRIMONIO

No Xiro podemos desfrutar tanto do patrimonio natural (paisaxe, flora, fauna…), como tamén do patrimonio cultural, material (obras de arquitectura civil e relixiosa) e inmaterial (lendas, contos, tradicións, festas…).
Petróglifos, castros ou dolmens son exemplos de patrimonio arqueolóxico de gran valor que chegaron ata os nosos días. Nas rutas do Xiro podemos achegarnos para observalos, aínda que non sempre é doado porque hai casos que non están á vista pola propia evolución do terreo (por exemplo algún castro) ou ben porque se precisa dun ollo experto que nos axude a ver e entender o significado e o valor destas obras que chegaron dende a Prehistoria ata os nosos días (por exemplo, os petróglifos).