Superficie
5,79 km2
e un perímetro de 10,60 km
Poboación
Segundo o INE en 2021
156 habitantes
Distancia á Catedral
En coche: 12,6 kms – 18 minutos
Camiñando: 12 kms – 2 horas 30 minutos
Festas
Santa Cristina (Setembro)
Na parte máis occidental do Concello, a uns 12 km do casco urbano atópase Santa Cristina de Fecha. Esta parroquia está ligada á parroquia de Portomouro (O Val do Dubra) ao Norte, á de Ameixenda (Ames) ao Sur e a San Xoán Bautista de Fecha ao Leste; polo Oeste toca co Portomouro do Val do Dubra, e Piñeiro (Ames).
Membro do antigo Concello de Enfesta, ingresou no Concello de Santiago en 1962. Xunto a San Xoán de Fecha, Enfesta, Grixoa, Verdía, Busto, Nemenzo, Marantes, Barciela, Cesar, Carballal e Sabugueira, formou parte do desaparecido concello de Enfesta.
Ten unha extensión de 5,79 km2 cun perímetro de 10,60 km, territorio no que se sitúan as aldeas de Belén, Diáns, Frensa, Gallufe, Gamil, A Lamela e O Roxido.
A parroquia está bañada polo Gallufe e o río Tambre, do que tamén é afluente. A altura media é de 380 m e uns 260 m sobre o nivel do mar, como o resto do municipio.
Santa Cristina de Fecha conta con 156 habitantes, segundo os datos do INE en 2021, 66 homes e 90 mulleres. A poboación concéntrase na aldea do Roxido, sendo Gallufe con 4 veciños a de menor poboación.
A estrada C-545 de Santiago a Baio (Zas) é a que une esta parroquia coa capital do municipio.
Distancias desde Santa Cristina de Fecha ata á Catedral:
1897 | El Eco de Santiago | El día 20 de abril se celebrará una solemne función en honor del glorioso San Blas, cuya imagen se venera en la capilla de Belén, a legua y media de Santiago. |
1899 | El Eco de Santiago | Se hace venta de las siguientes rentas forales pagaderas en esta ciudad. Seis ferrados de centeno en la parroquia de Santa Cristina de Fecha. Informarán de todo ello en el comercio de D. Francisco P. Román, Casas Reales, 6 – Santiago. |
1920 | El Eco de Santiago | Después de un paréntesis de cinco años volvieron hoy a cruzar las calles de Compostela entonando un cantico religioso en honor del patrón de las Españas, multitud de romeros procedentes del arciprestazgo de la Mahía. Las parroquias (entre las que se encuentra Santa Cristina de Fecha), pertenecen a los términos municipales de Ames, Enfesta, Negreira y Rois. Se organizó la peregrinación antes del mediodía al final de la Carrera del Conde, junto a la Capilla del Pilar, dirigiéndose a la Basílica por la citada calle Puerta Fajera, Rua del Villar, calle de Fonseca y plaza del Hospital. Durante el trayecto y acompañados por la banda de música municipal , los peregrinos cantaron el Himno de la peregrinación, música del maestro Soler, y letra de Barcia Caballero. En la peregrinación figuraban unas cuatro mil personas. |
1926 | El Eco de Santiago | Para mañana miércoles ( 5 de mayo), tiene anunciada a Santiago la peregrinación organizada en el arciprestazgo de la Mahía. Promete verse muy concurrida y en ella formarán feligreses de todas las parroquias que comprende el arciprestazgo. La peregrinación se organizará en el Pilar y recorrerá las calles de Bautizados, Toral, Rúa del Villar, Fonseca y Plaza del Hospital, haciendo su entrada por la puerta del Obradoiro. Acudirán a recibirla comisiones del Ayuntamiento y del clero de Santiago, que les acompañarán hasta la Basílica. La banda municipal esperará a los peregrinos en el Pilar para acompañarles en sus cánticos. |
1931 | El Orzán | Bases del concurso para sacar en arriendo un local para la escuela de la parroquia de Santa Cristina de Fecha, en Enfesta. |
Santa Cristina posúe un rico patrimonio repartido por toda a súa extensión, boa parte protexido e situado polo PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal). Pódese dividir en monumentos relixiosos e civís.
A nivel relixioso atopamos os conxuntos parroquiais de Santa Cristina e Nosa Señora de Belén, formados polas igrexas e os seus cruceiros.
A Igrexa barroca de Santa Cristina de Fecha, do século XVIII (achegar foto), está situada na aldea de Gamil. Construída sobre pranta rectangular de corte no que a ábsida difire con menor altura e estreitamento en pranta. A fachada principal presenta unha porta alintelada e unha fiestra de medio punto sobre ela. Completa o conxunto o campanario con dous ocos en arco e cabeceira sobre molduras que sosteñen unha cruz. Anexo á igrexa está o cemiterio, no que destaca un panteón barroco. Sobre un prisma rectangular e rematado nun pináculo de sección triangular, presenta relevos esculpidos con motivos relacionados coa morte.
Completa este conxunto o Cruceiro da igrexa de dúas varas e varal octogonal que se coroa cunha cruz ensanchada nos extremos e unha inscrición no centro.
A Igrexa da Nosa Señora de Belén, construída no século XVIII, de estilo barroco compostelán, sitúase nun recinto amurallado con balaustrada. Ten pranta de cruz latina e ábsida cuberta a catro lados. A fachada é pentagonal e cunha porta alintelada con moldura de á. Sobre ela hai unha ventá cadrada e acampanada cun parabrisas en arco. O vértice superior do pentágono que forma a fachada integra o campanario no conxunto, sobre unha base prismática que ofrece dous corpos distintos. O primeiro con arcos de medio punto e o segundo con forma de cúpula e flanqueado por pináculos con bólas. O conxunto culmina nun pináculo piramidal rematado cunha bóla.
Preto está o cruceiro da Nosa Señora de Belén. Con plataforma cuadrangular con tres chanzos e pedestal cúbico. O varal medra desde un inicio octogonal ata converterse en cadrado. Remátase cun capitel cuadrangular moldurado cunha cruz romboidal.
Completa este conxunto o Peto de Ánimas de Belén erixido entre os séculos XVI e XVIII, que se atopa a carón do edificio. Trátase dunha pequena construción de pedra con base rectangular. Enriba hai dous nichos abertos con relevos no interior de madeira pintada. Un recolle o Peto de Ánimas e no outro hai unha imaxe da Virxe de Belén. O edificio está coroado por unha cruz de pedra con brazos rectangulares. Os Petos de Ánimas son unha interesante mostra etnográfica que reflicte a mentalidade galega sobre a vida e a morte. Son manifestacións materiais do culto aos mortos e da devoción ás almas
O patrimonio civil destaca pola existencia de elementos de tipo prehistórico e outros elementos construtivos de uso e obra non relixiosa como muíños, pombais, etc.
Preto do conxunto parroquial de Nuestra Señora de Belen atópase o palco da música. De construción octogonal, o seu acceso é por unha sinxela escaleira de cinco chanzos e un parapeto de pedra. Nesa zona tamén hai unha fonte.
Nos arredores de Santa Cristina e da igrexa atópase o Castro coñecido como Pedra Castro. Situado no punto máis destacado do outeiro, no seu sector sur e oeste hai un antecastro definido por un pequeno terraplén, situado a uns 2 metros por debaixo do nivel do anterior. O tamaño na parte máis alta do castro varía entre 45 – 50 m, sendo o total do conxunto duns 60 – 80 m.
Nas proximidades, o castro de Chan de Castro ou Agra de Castro, tamén da Idade do Bronce, presenta un só recinto rodeado de murallas e terrapléns e conserva ademais dous foxos con antepais. As súas medidas duns 92 m en conxunto foron testemuñas de achados de cerámica romana, muíños circulares e restos de ánforas.
A parroquia está salpicada de muíños como os de Gamil, Diáns, os dous do Roxido ou os tres de Frensa. E conta cun lavadoiro na aldea do Roxido.
ENTIDAD,C,250 | Lonxitude | Latitude |
Conxunto Parroquial de Santa Cristina de Fecha (Gamil) | 42.9562 | -8.6124 |
Igrexa Parroquial de Santa Cristina de Fecha (Gamil) | 42.9561 | -8.6123 |
Conxunto da Igrexa de Belén (Santa Cristina de Fecha) | 42.9490 | -8.6266 |
Cruceiro na Ermida de Belén (Santa Cristina de Fecha) | 42.9489 | -8.6269 |
Cruceiro no conxunto parroquial de Santa Cristina de Fecha (Gamil) | 42.9562 | -8.6127 |
O Roxido (Santa Cristina de Fecha) | 42.9424 | -8.6146 |
Diáns (Santa Cristina de Fecha) | 42.9540 | -8.6130 |
Gallufe (Santa Cristina de Fecha) | 42.9563 | -8.6173 |
Casa en Belén (Santa Cristina de Fecha) | 42.9483 | -8.6258 |
Peto de Animas en Belén (Santa Cristina de Fecha) | 42.9497 | -8.6261 |
Pombal en Gamil (Santa Cristina de Fecha) | 42.9568 | -8.6141 |
Lavadoiro en Roxido (Santa Cristina de Fecha) | 42.9423 | -8.6139 |
Fonte no Conxunto da Igrexa de Belén (Santa Cristina de Fecha) | 42.9492 | -8.6270 |
Panteón no Cemiterio de Santa Cristina de Fecha | 42.9563 | -8.6123 |
Muíño en Gamil (Santa Cristina de Fecha) | 42.9554 | -8.6134 |
Muíño en Diáns (Santa Cristina de Fecha) | 42.9541 | -8.6110 |
Muíño no Roxido (Santa Cristina de Fecha) | 42.9405 | -8.6249 |
Muíño no Roxido (Santa Cristina de Fecha) | 42.9424 | -8.6141 |
Muiño en Frensa (Santa Cristina de Fecha) | 42.9591 | -8.6221 |
Muiño en Frensa (Santa Cristina de Fecha) | 42.9589 | -8.6220 |
Muiño en Frensa (Santa Cristina de Fecha) | 42.9587 | -8.6221 |
Pedra Castro (Lamela) | 42.9610 | -8.6146 |
Chan do Castro / Agra do Castro (Diáns) | 42.9554 | -8.6091 |
O tímpano do santuario de Belén destaca por estar esculpido por ambos lados. Esculpido cara o 1232, de orixe medieval, foi reutilizada a mediados do século XVIII para presidir o retablo da Nosa Señora de Belén durante o pontificado de Frei Berenguel de Landoria (1317-1330).
Asociación de veciños “Nosa Señora de Belén” ( Lugar de Gamil, 8-15898)