Slide thumbnail

Bando de Abaixo

Bando de Arriba

O Castro

Pousada

San Marcos

Zaramacedo

A Lagoa

BANDO

Superficie

8,35  km2   

e un perímetro de 13,75 km

Poboación

Segundo o INE en 2021

926 habitantes

Distancia á Catedral

En coche: 8,6 kms. -20 minutos 

Andando:  6,1 kms. – 19 minutos. 

Festas

San Marcos (Abril)

San Antón (Xuño)

Santa Olalla (Decembro)

Situación

A aproximadamente 6 km de o  centro da cidade en dirección sueste, Santa Eulalia de Bando limita coas parroquias de Enfesta (ao Norte), Sabugueira (ao Leste) , Aríns (ao Oeste) e o Concello de Boqueixón (ao Sur).

Como demarcación relixiosa pertence ao Arciprestado de Bama e depende da diocese de Santiago. 

Bando conta con unha superficie de  8,35  km2   e un perímetro de 13,75 km que se divide nas aldeas  de  Bando de Abaixo, Bando de Arriba, O Castro,  Pousada, San Marcos, Zaramacedo y Lagoa. O campo da festa de Bando mide 4.311m2

A parroquia de Bando conta con dúas contornas fluviais importantes. O río Sar nace nesta parroquia a unha altitude de 310 metros, e pasa por Sar, Conxo e Laraño para desembocar no Ulla. Serve ademais de  fronteira entre os concellos de Padrón e Dodro despois de percorrer 42 quilómetros e drenar unha conca de 265,5 quilómetros cadrados.  

Tamén o arroio de Aríns nace en Bando de Arriba, preto do campo de tiro do exército hoxe en ruínas. En realidade este toma o seu nome da parroquia por onde pasa pero trátase do río Santa Lucía, afluente do Ulla,  e vai tomando diferentes nomes segundo o seu percorrido.

Bando é unha parroquia de perfil irregular, de montes suaves como o Monte do Gozo (380m), no lugar de San Marcos. Ten unha altitude media de 400 m e atópase a uns 260 m sobre o nivel do mar. 

Segundo datos do INE en 2021 Bando conta cunha poboación  de 926 habitantes,dos cales 510 son mulleres e 416 homes . Dita poboación concéntrase maioritariamente na zona de San Marcos (755), por contra Zaramacedo é a máis despoblada con apenas 13 habitantes.

Para chegar á parroquia de Bando utilízase a estrada N-634 de San Sebastián a Santiago.

  • Coche: 8,6 kms. -20 minutos
  • Andando: 6,1 kms. – 19 minutos 
  • Bici: 7,4 kms. – 25 minutos

Hemeroteca

1896El Eco de SantiagoLa capilla de San Marcos sita en la parroquia de Santa Eulalia de Bando, monte del gozo de los Peregrinos en la Edad Media, fue fundada por el Arzobispo Gelmírez que la dedicó a la Santa Cruz y en la cual colocó las reliquias de San Marcos. Acompañado del clero y de numeroso pueblo, todos los años se dirigía allí en devota procesión el día de la festividad del Santo Evangelista, del cual tomaron nombre capilla y monte.
1920El Eco de SantiagoPeregrinación de las parroquias del Arciprestazgo de Bama, por ser Año Santo.
1984La Voz de GaliciaInstalación de una industria de explotación cunícula.
1987La Voz de GaliciaInstalación de una granja de visones en Coto de Casais.
1988La Voz de GaliciaInstalación do Centro Territorial de T.V.E., no Lugar de «Coto dos Olmos»,
1997La Voz de GaliciaRadio Galicia, de la Cadena Ser, cuenta con un nuevo centro emisor en Santa Eulalia de Bando.
1998La Voz de GaliciaEl Ayuntamiento concede permiso para rehabilitar la iglesia de Santa Eulalia de Bando.

Patrimonio e qué ver

Santa Eulalia de Bando conta cun amplo patrimonio repartido ao longo da súa extensión, boa parte deste atópase protexido e localizado polo PXOM (Plan Xeral de Ordenación  Municipal). Pódese dividir en monumentos de carácter relixioso e civil.

Entre os primeiros destaca o Conxunto Parroquial composto pola Igrexa dedicada a Santa Eulalia en Bando de Abaixo. Conta con #andar rectangular e sancristía engadida na cabeceira máis baixa que o corpo principal.  O tellado é a dúas augas e está edificado en mampostería e sillares regulares, especialmente nas esquinas dos muros. A porta é adintelada e con pequenas molduras. Encima dela, unha hornacina coa figura da patroa coroada por unha xanela, deixa entrar a luz ao templo. Remata a igrexa o campanario de arcos con pináculo de bóla e cruz coroando. A escasos metros da entrada hai unha pila bautismal semiesférica, fabricada en pedra e cun resalte no bordo superior que podería pertencer a un templo anterior. O conxunto complétase co atrio, o cemiterio parroquial, a casa reitoral, o almacén e o horto.

A capela de San Marcos (S.XVIII)  é un pequeno e modesto templo situado no Monte do Gozo, primeiro lugar desde o que se divisan as torres da catedral compostelá. A súa construción é de traza rural con trazado rectangular e campanario moi sinxelo. Na fachada traseira hai un arco grande de medio punto cegado. A porta está adintelada. O patrimonio relixioso complétase co Cruceiro de San Marcos, situado na Avenida de San Marcos. É un cruceiro con plataforma cuadrangular de tres gradues e pedestal cuadrangular cunha inscrición que di: “ESTE CRVCER // YÇO ANT. GRª I // SV MVGR POR S // V DVON, 1684”. O fuste é octogonal e culmina cun capitel decorado con volutas e follas e imaxes da Paixón.

O patrimonio da zona complétase co de carácter civil que abarca o prehistórico con castros e dólmenes. Tamén o Monte de Gozo ou o campo de tiro.

A parroquia presenta dous Castros importantes: o de Bando e o de San Marcos.  O Castro de Bando, datado da Idade de Hierro, presenta  un recinto ovalado duns 90m e un antecastro ou terraza anexa polo sur.  O recinto central está defendido por uns terrapléns sinxelos ao oeste e ao sur, mentres que nas zonas onde a defensa natural é menor existe un foso diante do terraplén. No lado norte hai un parapeto con restos dun muro de pedra. É reseñable que nesta zona atopáronse restos cerámicos da época castrexa na terraza sur.  Ao seu pé levántase a igrexa de Santa Eulalia de Bando sendo visibles desde o atrio os terrapléns defensivos. 

Nesta zona tamén está o Castro de San Marcos ou de Reboredo, tamén chamado Coto do Castro da Idade de Bronce. Componse dun recinto de  forma oval duns 100mx125m rodeado de terrapléns moi sinxelos, que nalgún punto son case imperceptibles. Na zona norte aprécianse restos dun parapeto e un pouco máis ao leste, un pequeno muro de pedra xa en ruínas.

Tamén conta coa presenza dun dolmen, o de Zaramacedo ou Dolmen das Derramadas. É o único conocido no concello de Santiago e está nun predio destinado á plantación de eucaliptos. Na actualidade, conserva 8 laxas de soporte (6 de xisto e 2 de granito) e a cámara de forma entre poligonal e elíptica. Cun longo este-sueste de 1,85m e na transversal de 1,55 m, a altura da cámara oscila entre 0,70 m  e 1,20 m. As laxas presentan unha inclinación cara ao interior bastante acusada que fan intuír que contaba cun túmulo de terra e pedras hoxe desaparecido. 

O Monte do  Gozo, de 380 m de altitude e 57 hectáreas, é o maior parque de Santiago. As primeiras mencións fanse no Códice Calixtino, no s. XII e mencionan que o nome se debe ao sentimento que xeraba o avistar por primeira vez as torres da Catedral. Hai datos de que na Idade Media había en o  monte unha capela, mandada construír por Gelmírez en 1105 e que foi abandonada cara ao século XVII. O monte do Gozo tamén é escenario de lendas, milagres e tradicións centenarias, como a de nomear rei da peregrinación ao primeiro camiñante que alcanzaba a súa cima cada día. Así mesmo utilizábase de referencia para que os peregrinos dacabalo rematasen a pé (como Alfonso XI) ou descalzos. 

En 1989 fixéronse obras de remodelación con motivo da visita do papa Xoán Paulo II e a Xornada Mundial da Mocidade, á que acudiron medio millón de mozos. Na cima do monte erixíase un monumento conmemorativo obra da artista brasileira Yolanda D’Augsburg Arxoes. Na actualidade só consérvanse os seus catro bronces que repousan sobre o solo, pois a obra foi retirada debido á súa deterioración. No Ano Santo de 1993 engadíronse ao miradoiro de Monte do Gozo unhas esculturas de bronce do escultor galego Acuña que representan uns peregrinos sinalando a Catedral.  Na actualidade o Monte do Gozo dispón de instalacións para os peregrinos que chegan á cidade: albergue, restaurante, cafetería, lavandería, tendas e un gran auditorio descuberto, moi utilizado para concertos. As últimas actualizacións datan de 2021 coa ampliación do aforamento do anfiteatro e en 2017, cando se remataron as dúas piscinas públicas de forma hexagonal que flotan na lagoa.

Outros elementos importantes en Bando son os edificios da Televisión de Galicia (1991) e Radio Galega, tamén o da Televisión Española de Galicia, o Refuxio Municipal de Animais e o Campo de tiro (desaparecido en 2002).

Este campo de tiro e manobras, situado a un 5 km do Aeroporto e 6 km da cidade, pertenceu durante décadas ao Ministerio de Defensa e servía de fogar a uns 20 recrutas que executaban o servizo militar obrigatorio, un tenente e varios sarxentos profesionais. Varias veces foi utilizado para os campionatos nacionais de tiro, pero o máis habitual era o seu uso militar por parte de rexementos da zona Noroeste. 

Tras o seu peche, en julio de 2014, houbo que realizar un desminado do campo de granadas sobre máis de 2000 m², a unha profundidade de escavación de 0,5 metros e cun diámetro de esfera magnética equivalente de 0,09 metros.

Elementos patrimoniais catalogados

ENTIDAD,C,250LonxitudeLatitude
Conxunto Parroquial de Santa Eulalia de Bando42.8845-8.4853
Igrexa de Santa Eulalia de Bando42.8845-8.4853
Igrexa de San Marcos (Bando)42.8893-8.4944
Casa Rectoral de Bando de Abaixo42.8845-8.4853
San Marcos (Bando)42.8907-8.4916
Vivenda en Bando de Abaixo42.8846-8.4848
Castro de Bando42.8855-8.4835
Coto do Castro42.9003-8.4781
Mámoa do Monte da Medorra (O Castro)42.8903-8.4666
Mámoa do Monte do Gozo (San Marcos)42.8940-8.4765
Dolmen das Derramadas (Zarramacedo)42.8768-8.4563
Cruceiro de San Marcos42.8235-8.4916

Sabías que…?

En 1989 a visita do Papa Xoán Paulo II concentrou a máis de 300.000 mozos no monte do Gozo.

Asociaciones

Asociación de Veciños “Camiño de Santiago”

(Rúa Coto dos Olmos, nº 19 ,Bando, 15891)