Slide thumbnail

Carballal

Carlexo

Feáns

Fraiz

Pedrido

Piñeiro

Portela

Quintáns

Reborido

Roxos

Silvouta

VILLESTRO

Tras Igrexa

Vilastrexe

Superficie

12.42  km2  

e un perímetro de 19.19 km

Poboación

Segundo o INE en 2021

2156 habitantes

Distancia á la Catedral

En coche: 9,9 kms. -19 minutos

Camiñando: 7 kms. – 1 hora 35 minutos 

Festas

San Miguel (Maio)

San Xoan (Xuño)

Nosa Señora (Agosto)

Situación

A parroquia de Villestro está situada a uns 10 km ao Leste da cidade. Limita con Ameixenda (polo Norte), Ortoño (polo Sur), Figueiras e Laraño (polo Leste) e Ameixenda, Ames e Covas (polo Oeste).

En 1812 a Constitución liberal culmina coa creación dos primeiros Concellos e Villestro foi designada como capital municipal ata 1823. En 1835 pasa a formar parte do Concello de Conjo, xunto con Conxo, Laraño, Aríns, Figueiras, O Eixo e Marrozos. . Non será ata 1925 cando se produza a súa incorporación ao Concello de Santiago. Ademáis, forma parte do antigo Xiro da Rocha, con sede no Castelo da Rocha.

A nivel relixioso pertence ao Arciprestazgo de Xiro da Rocha e á diócese de Santiago.

A parroquia ten unha superficie total de 12,42 km2 e un perímetro de 19,19 km que se divide nas aldeas de Carballal, Carlexo, Feáns, Fraíz, Pedrido, Piñeiro, Portela, Quintáns, Reborido, Roxos, Silvouta, Tras Igrexa e Vilastrexe. O campo da festa esténdese por 3537 m2.

Villestro está regado polos ríos Roxos, Cova e Sar. A súa principal vía de auga é o río Roxos, que atravesa a parroquia, nace en Reborido para acabar uníndose ao Sar fronte ao castro de Mirás. O seu punto máis alto é o monte Cabo do Penedo con 304, mantendo o resto do termo unha media duns 300 m de altitude e 260 m sobre o nivel do mar.

Villestro ten unha poboación de 2.156 habitantes, segundo datos do INE en 2021. Deles 1.123 son mulleres e 1.033 homes. Esta poboación concéntrase principalmente na aldea de Roxos, pola contra Reborido é a que menos ten con 51.

Está comunicado pola estrada C-543 Santiago – Noia e unha comarcal.

Distancias desde á Catedral a Santa María de Villestro:

  • Coche: 9,9 kms. -19 minutos  
  • Camiñando: 7 kms. – 1 hora 35 minutos              
  • Bicicleta: 7,9 kms. – 36 minutos 

Hemeroteca

1896El Eco de SantiagoRomería celebrada en el lugar de Rojos, parroquia de Santa María de Villestro, conocida con el nombre de San Migueliño.
1909El Eco de SantiagoLos vecinos de la parroquia de Villestro, Ayuntamiento de Conjo se han presentado en masa al Rectorado de la Universidad reclamando contra la situación del local escuela de la misma, pidiendo al mismo tiempo que se nombre un maestro en vez de maestra.

Patrimonio e que ver

Cun amplo e variado patrimonio distribuído ao longo da súa extensión, boa parte protexido e localizado polo PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal), en Villestro atopamos mostras de patrimonio de perfil relixioso e civil

Entre os primeiros, destaca a existencia de tres templos na parroquia, cruceiros repartidos por ela e a Pedra da Legua, que marca a distancia ata o santuario do Apóstolo Santiago.

A Igrexa de Santa María de Villestro, construída entre 1737 e 1778 con Francisco Mirá como primeiro mestre de obras e Tomás del Río como segundo, quen construíu a fachada, probablemente segundo planos de Miguel Caaveiro, é a igrexa principal que acolle á patroa o e dá nome á parroquia. De estilo barroco e construído en granito e con cuberta a dúas augas de tella, rematouse durante o século XIX sobre planos de Miguel Caaveiro.

Disponse en pranta de cruz latina con gran interior nunha soa nave cuberta por bóveda de canón sostida por pilastras.

Consta de sete altares: o maior e os laterais, construídos e tallados en 1802 polo mestre escultor don Antonio del Río. Dedicado respectivamente á Virxe do Carme e a San Roque. O retablo do altar maior é obra do mestre don Benito de Pazos. As imaxes da Nosa Señora, San Xoán Bautista e San Xosé, atopadas nel, foron por encargo do escultor don Bartolomé Fernández.

Nos seus adros atopamos dous cruceiros de pedra: Sta María de Villestro e Tras Igrexa. O primeiro, situado no cemiterio, ten un varal octogonal e presenta os símbolos típicos da Paixón. O cruceiro de pedra de Tras Igrexa, no adro da igrexa, está construído en granito e mantén a imaxinería da Paixón.

Os outros dous templos da zona son a Capela de San Miguel e a Capela do Carme. A Capela de San Miguel, reconstruída tras o traslado de 1961, ten no seu adro o cruceiro de Roxos, de granito con cruz octogonal e representación da Paixón.

A Capela do Carme, de pranta rectangular e decoración sinxela, está situada na aldea de Fraíz e construída con pedras de canteira.

Actualmente forma parte do conxunto de edificacións da aldea de Fraiz, de propiedade privada, que aínda goza dunhas espectaculares vistas do val.

A medio camiño entre o litúrxico e o mundano está a coñecida como A Pedra da Legua. A algo máis de 4 km de Compostela, preto do centro de Roxos e no actual trazado do Camiño de Santiago dirección Fisterra, atópase o conxunto formado por unha laxe sobre a que se asenta unha sinxela cruz.

A lousa presenta gravados con inscricións de diferentes épocas coa cruz inserida directamente sobre ela e con florituras. Une o varal octogonal para rematar en seccións cadradas. Nestes pódense ler inscricións, incluído o ano 1760.

Entrando xa no patrimonio civil, atopamos muíños, pontes e diversos elementos do patrimonio arqueolóxico e histórico.

Os numerosos regatos e fontes que atopamos en Villestro tradúcense en edificacións para aproveitar a súa forza, o seu uso cotián ou, simplemente, para atravesar cauces fluviais.

Localízanse dez muíños de complicado acceso. O estado de conservación e a maleza impiden o acceso ao interior da maioría. En xeral, aínda que son pequenas, conservan parte da maquinaria, asentos e pedras para soportar os sacos, as canles de auga ou as portas de acceso.

Villestro é rico en manantiais que nacen nos montes da parroquia, conta con 12 fontes e varias pías cuxo aspecto foi transformado con reparacións de cemento e plástico, aínda que seguen en funcionamento. Destacan polo seu aspecto as fontes do Piñeiro (a fonte do Cura, a fonte Nova ou da nosa Señora) e unha das fontes de Fraíz.

A ponte da Brea sobre o río Roxos, coñecida na comarca como “a ponte romana”, é unha estrutura de pedra con tres arcos, un central con arco de medio punto e dous linteis laterais. Tamén conserva os contrafortes. A súa conservación débese á comunidade de veciños de Villestro.

O Camiño de Santiago a Fisterra atravesa a parroquia de Villestro, atravesando a ponte da Brea sobre o río Roxos e subindo ata o alto do Vento.

Na parroquia localízanse uns 100 hórreos, case sempre vinculados a vivendas.De forma rectangular, a maioría son de construción mixta: pedra para toda a estrutura do hórreo e armazóns de madeira para o exterior.

Os elementos prehistóricos dominantes na zona pertencen á Idade dos Metais. En Villestro hai uns 18 petróglifos, 14 dos cales resultaron danados durante os incendios do 28 e 29 de xullo de 2016, no monte de San Miguel de Portela. O petróglifo do Agro do Campo foi destruído pola maquinaria encargada de facer cortalumes que pasaba por riba del. Tamén hai unha mámoa na zona coñecida como Mámoa da Ponte.

No lugar do Castro, preto da aldea de Trasigrexa, hai unha acrópole na que aínda se pode ver parte do recinto amurallado. Nel apareceron moas de muíño de man, restos cerámicos, etc.

Moi preto da Pedra da Legua hai un monolito de máis de tres metros de altura.

A isto compleméntase o patrimonio natural que dominan carballeiras como a Carballeira ou o Souto de Villestro, tamén destaca a presenza do Falso Ciprés, que é unha árbore senlleira da zona incluída no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, situado nunha parcela de propiedade privada en Silvouta.

As fervenzas do río Roxos son importantes xa que atravesa os límites dos concellos de Santiago e Ames onde cae abruptamente cara á súa desembocadura no río Sar, formando unhas fermosas fervenzas e saltos. Trátase dun tramo duns 600 metros con rápidos e pozas rodeados de especies arbóreas de ribeira que comparten espazo con carballos e loureiros. 

Neste tramo do río vense dous muíños totalmente desfeitos e cubertos de maleza, e nun deles mesmo podemos ver un sistema de cubos en bo estado, de gran tamaño e profundidade.

Elementos patrimoniais catalogados

ENTIDAD,C,250LonxitudeLatitude
Conxunto Parroquial de Santa María42.8884-8.6057
Igrexa Parroquial de Santa Maria de Villestro42.8880-8.6048
Igrexa de Frais (Villestro)42.8909-8.61561
Igrexa de Roxos (Villestro)42.8773-8.6093
Cruceiro no conxunto parroquial de Villestro42.8881-8.6036
Cruceiro no Camposanto de Villestro42.8880-8.6055
Cruceiro na Igrexa de Roxos (Villestro)42.8769-8.6090
Pontella en Reborido (Villestro)42.9077-8.6150
Ponte en Quintáns (Villestro)42.8817-8.6118
Casa en Roxos (Villestro)42.8765-8.6106
Casa en O Carballal (Villestro)42.8792-8.5868
Frais (Villestro)42.8915-8.6161
Conxunto en A Portela (Villestro)42.8796-8.6216
A Silvouta (Villestro)42.8698-8.6030
Antiga Fábrica do Pego (Silvouta, Villestro)42.8666-8.6172
Conxunto en Roxos (Villestro)42.8762-8.6125
Fonte en Quintáns de Villestro42.8841-8.6067
Muíño en Feáns (Villestro)42.8921-8.6116
Muíño en Reborido (Villestro)42.9094-8.6140
Muíño en Reborido (Villestro)42.9075-8.6149
Muíño en Quintáns (Villestro)42.8826-8.6107
Muiño en Vilastrexe (Villestro)42.8744-8.6189
Muíño en Roxos (Villestro)42.8771-8.6126
Muíño na Silvouta (Villestro)42.8686-8.6032
Petroglifo de Tras Igrexa (Tras Igrexa)42.8850-8.6024
Petroglifo do Rexio (A Portela)42.8813-8.6153
Petroglifo do Monte de Vilaxestre (Vilaxestre)42.8728-8.6177
Petroglifo de Prisanseira / Petroglifo do Monte da Silvouta (Silvouta)42.8727-8.6090
Petroglifo do Monte Aberto / Petroglifo do Monte da Silvouta (Roxos)42.8694-8.6138
Mámoa do Monte de Vilaxestre (Vilaxestre)42.8728-8.6177
Monte do Peso42.8773-8.6069
A Silvouta (Roxos)42.8686-8.6139
Castro Villestro / Castro Tras Igrexa (Tras Igrexa)42.8831-8.6023

Sabías que…

A Pedra da Legua está a aproximadamente 4 km da catedral, o que equivale a unha Legua Romana?

Asociacións

Asociación de veciños “A unión de Villestro”

(Rúa do Nabal, 69 15896) 

Asociación de veciños “A Xunlla”

(LG/ Tras-Igrexa, 10 15896)