Slide thumbnail

A Igrexa

Marzo de Arriba

Miramontes

A Ponte

Vilar de Outeiro

A Valiña

GRIXOA

Marzo de Abaixo

Superficie

6.99 km2

e un perímetro de 16.20km

Poboación

Segundo o INE en 2021

250 habitantes

Distancia á Catedral

En coche: 9,6 km – 20 minutos

Camiñando: 8,8 km – 1 hora 50 minutos 

Festas

Nosa Señora e o Santísimo Sacramento (Agosto)

San Roque (Agosto)

Situación

A uns 9 km ao Norte do centro urbano está Santa María de Grixoa. Limita coas parroquias de San Caetano e A Peregrina polo Sur, con San Cristobo de Fecha polo Oeste e o Concello de Trazo (parroquias de Chaián e Vilouchada) polo Norte.

No ano 1962 incorporouse ao Concello de Santiago dende Enfesta, xunto coas parroquias de San Xoán de Fecha, Santa Cristina de Fecha, Enfesta, Verdía, Busto, Nemenzo, Marantes, Barciela, Cesar, Carballal e Sabugueira.

A nivel relixioso está adscrito ao Arciprestazgo de Xiro de Rocha e á diócese de Santiago.

Ten unha superficie de 6,99 km2 cun perímetro de 16,20 km distribuídos nas localidades da Igrexa, Marzo de Arriba, Marzo de Abaixo, Miramontes, A Ponte, A Valiña e Vilar. O campo da festa mide uns 4.056 m2.

O termo, bañado polo río Tambre e os seus afluentes Bargo e A Ponte Vilar, ten unha altitude media de 285 m e sitúase a uns 260 m sobre o nivel do mar.

Santa María de Grixoa ten unha poboación de 250 habitantes, segundo os datos do INE en 2021, dos cales 125 son mulleres e 125 homes. A menor concentración de habitantes dáse na aldea da Igrexa con só 2 veciños, a maior en poboación é a aldea da Ponte.

Está comunicado por dúas estradas veciñais e a C-545, de Santiago a Baio, onde enlaza coa C-552.

Distancias desde Santa María de Grixoa ata a Catedral:

  • Coche: 9,6 km – 20 minutos
  •  Camiñando: 8,8 km – 1 hora 50 minutos
  • Bicicleta: 9 km – 20 minutos

Hemeroteca

1900El Eco de SantiagoEl Rectorado a concedido licencia por tiempo indefinido para que pueda tomar parte en las oposiciones a la maestra de Grijoa, en Enfesta, Dª María García Carril
1902El Eco de SantiagoEn breve publicará el Boletín Oficial de la provincia la siguiente relación de los nombramientos de maestros y maestras, hechos por el Rector de la Universidad de Santiago por consecuencia del concurso verificado ultimamente.
D. Manuel Bosteiro Campos, de la Esciuela de Grijoa, en Enfesta con el sueldo de 250 pesetas anuales.
1906El Eco de SantiagoEl Sr. D. Ricardo Garcia, párroco de Santa María de Grijoa y los feligreses que a continuación suscriben el acta se han adherido unánimemente a la protesta del eminentísimo y reverendísimo señor Cardenal Arzobispo contra el proyecto de Ley de Asociaciones.
1907El Eco de SantiagoPor el rectorado de esta Universidad y en virtud de concurso único del mes de Febrero último, hiciéronse los nombramientos de maestros en propiedad para las siguientes escuelas:
Para la de Grijoa en Enfesta D. Manuel Madriles y Cases.
1907El Eco de SantiagoSuscripción para el camino del Vía-Crucis al Pedroso del cura de Grijoa y feligreses, de 5,50 pesetas.
1909El Eco de SantiagoEl rector de la Universidad de Santiago ha dispuesto que la escuela incompleta de Grijoa, en el ayuntamiento de Enfesta, dotada con el sueldo anual de 500 pesetas, se considere agregada al anuncio de provisión de escuelas por concurso único.
1926El Eco de SantiagoLa Comisión provincial en vista de una instancia promovida por varios señores curas y feligreses de las parroquias de Santa María de la Peregrina, distrito municipal de Santiago, Santa María do Grijoa y San Juan de Fecha, en el de
Enfesta; San Cristóbal de Javestre y San Pedro de Bnuza, en el de Trazo y Santa Marina de Angeriz, en el de Tordoya, interesando la construcción de una carretera que, partiendo del Romaño, en la de Santiago a Vimianzo, y atravesando dichas parroquias, fuese a Carballo, en la de Coruña a Corcubión; acordó que en sustitución del referido camino se incluya en el proyecto de plan de caminos vecinales, que se halla en preparación, y sin perjuicio de las reclamaciones que
crean convenientes los interesados, otro formado por las partes siguientes:Primero. — Arranque de la carretera de Santiago a Santa Comba, a Puente Alvar (del contrato con el Estado).
Segundo.— Puente Alvar a Benza.
Tercero — Benza a empalmar en Angeriz con la carretera del Estado, que se construirá, de Ponte do Porco a Muros,

Patrimonio e que ver

Grixoa conta cun patrimonio repartido por toda a parroquia, boa parte protexido e localizado polo PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal). Pódese dividir en monumentos relixiosos e civís.

Entre os primeiros destaca o conxunto parroquial composto pola igrexa Parroquial de Santa María de Grixoa construída no século XVIII. De estilo barroco de placas ou compostelá, ten pranta de cruz latina. A porta, con lintel e molduras redondeadas, sitúase no centro do frontispicio. Sobre ela hai unha ventá circular cunha moldura cadrada tamén redondeada.

A parte superior está rematada en triángulo, co vértice morto, onde se sitúa o campanario cun oco a cada lado. A cúpula da torre, semicircular, aséntase sobre un tambor octogonal. No adro e sentada nun pé hai unha pía bautismal estriada.

(Bibl. José Couselo Bouzas. Galicia artística. Santiago. 1932.)

O conxunto parroquial complétase co Cruceiro da Igrexa. De tipo crucifixo, ten tres chanzos e unha mesa separada. O varal liso comeza e remata en forma cuadrangular, sendo octogonal na parte central. Está decorado con motivos da Paixón.

Outro cruceiro da parroquia é o Cruceiro de Marzo de Abaixo de tipo cruz, de varal pequeno rectangular e cruz lisa.

Elementos patrimoniais catalogados

ENTIDAD,C,250LonxitudeLatitude
Cruceiro no conxunto parroquial de Grixoa42.9464-8.5485
Pontella na Ponte (Grixoa)42.9510-8.5465
Igrexa Parroquial de Santa María de Grixoa42.9474-8.5486
Cruceiro da Igrexa de Santa María de Grixoa42.9465-8.5485
Cruceiro de Marzo de Abaixo42.9402-8.5325
Muíño en Ponte Vilar de Abaixo (Grixoa)42.9542-8.5539
Muíño na Ponte (Grixoa)42.9508-8.5466
Conxunto de Casas en O Vilar (Grixoa)42.9518-8.5549
Vivenda en Marzo de Abaixo (Grixoa)42.4904-8.5330
Pontevilar (Grixoa)42.9512-8.5552
Cruceiro en Ponte Vilar de Abaixo (Grixoa)42.9525-8.5573
Vivenda en Marzo de Arriba (Grixoa)42.9402-8.5428
Muíño na Ponte (Grixoa)42.9524-8.5466
Muíño en Miramontes (Grixoa)42.9405-8.5524
Miramontes (Grixoa)42.9383-8.5608
Pombal en Igrexa (Grixoa)42.9468-8.5493
Casa en Ponte Vilar de Abaixo (Grixoa)42.9405-8.5523
Pia Bautismal no conxunto parroquial de Grixoa42.9468-8.5486
Muíño na Igrexa (Grixoa)42.9484-8.5220
Mámoa nº1 Agro da taberna42.9332-8.5711
Mámoa nº 2 Agro da taberna42.9341-8.5720

Sabías que…

A igrexa foi parcialmente reconstruída en 1808, a fachada e o campanario, debido á visita dun funcionario da diócese?

Asociacións

Asociación de Veciños “Monte Longo”

(LG/ da Igrexa, 2 15898)