Slide thumbnail

Lamas

As Quintás

Tarrío

A Castiñeira Pequena

Piñeiro

O CARBALLAL

Superficie

7.68 km2

e un perímetro de 16.20 km

Poboación

Segundo o INE en 2021

114 habitantes

Distancia á Catedral

En coche: 15 Kms – 21 minutos

Camiñando: 12,3 Kms – 2 horas 35 minutos 

Festas

San Xulián (Xaneiro)

Rosario (Outubro)

Situación

A unha distancia aproximada de 12 km do núcleo urbano, na zona noroeste atópase a parroquia de San Xulián de Carballal. Limita coas parroquias de Santiago de Sabugueira e Enfesta, ao Sur e Oeste respectivamente, con Cesar e Barciela ao Norte e ao Leste co Concello do Pino.

Se miramos á demarcación territorial, estaría formando parte do Concello de Enfesta, xunto coas parroquias de San Xoán de Fecha, Santa Cristina de Fecha, Grixoa, Verdía, Busto, Nemenzo, Marantes, Barciela, Cesar, Enfesta e Sabugueira, ata 1962 , ano no que ingresou no Concello de Santiago.

En canto á súa filiación relixiosa, pertence ao distrito do Arciprestazgo de Bama e depende da diócese de Santiago.

Cun perímetro de 16,20 km, a súa superficie é de 7,68 km2 e distribúese entre as aldeas da Castiñeira Pequena, Lamas, Piñeiro, As Quintás e Tarrío. O campo da festa ten 848m2.

O termo está salpicado de numerosos regatos, ou regos, na súa maioría afluentes do río Sionlla. A altitude media da parroquia rolda os 300 m, sendo o punto máis alto o pico de Seixiños, que cos seus 378 m está sinalado no Mapa Topográfico Nacional como vértice xeodésico.

En canto á poboación, tendo en conta os datos estatísticos do INE en 2021, Carballal conta con 114 habitantes, dos cales 54 son mulleres e 60 homes. Ademáis, esta poboación concéntrase na aldea das Quintás, sendo Piñeiro do Carballal a máis deshabitada con só 27 empadroados.

A principal vía de acceso a esta parroquia é a AC-250 que une Lavacolla con Sigüeiro.

Distancias de San Xulián do Carballal á Catedral:

  • Coche: 15 Kms – 21 minutos
  • Camiñando: 12,3 Kms – 2 horas 35 minutos
  • Bicicleta: 13,1 Kms – 45 minutos

Hemeroteca

1898El Eco de SantiagoHuracán el 31 de diciembre de 1897, en la iglesia de San Julián de Carballal, filial de Sabugueira (Enfesta), vínose al suelo la mitad del segundo cuerpo de la espadaña causando, entre otros desperfectos el hundimiento de la tribuna.
1924La Voz de GaliciaEscuela de nueva creación de Carballal.

Patrimonio e que ver

O patrimonio desta parroquia é moi interesante e concéntrase fundamentalmente en dous ámbitos, por un lado o relixioso e por outro o prehistórico e laico.

Se observamos o patrimonio relixioso, cabe destacar o conxunto relixioso que conforma a igrexa e o seu cruceiro de pedra.

A igrexa parroquial de San Xulián de orixe románica, construíuse arredor do século XII, aínda que na actualidade apenas conserva a cabeceira deste estilo, e o resto xa está enmarcado dentro do barroco compostelán.

A súa estrutura é rectangular coa sancristía pegada ao lateral da ábsida. Os muros da nave están coroados por ménsulas de pedra erosionadas e a cabeceira da ábsida está rematada cunha pequena cruz antefixada. A cuberta a dúas augas remata nun dobre campanario reconstruído en formigón.

Nas zonas próximas á igrexa sitúase o cemiterio e o campo da festa.

Situado na aldea das Quintás e a escasos metros da igrexa parroquial atopamos o Cruceiro de San Xulián de Carballal. É un crucifixo con gradas de cinco chanzos. O varal é de forma octogonal e o capitel está labrado cun Cristo sentado.

A riqueza etnográfica da zona tradúcese na presenza de elementos de importancia prehistórica como o Castro da Devesa do Carballal da Idade do Bronce.

Consta dun único recinto ovalado alongado. As defensas están formadas cun simple terraplén e un foxo que acordoa o recinto. Na zona oriental, onde se sitúa o acceso principal, amplíase e complexa a estrutura defensiva mediante a creación dun parapeto con dous foxos e un ante foxo entre eles. As súas dimensións oscilan entre os 95 e os 147 metros.

A fonte de granito das Quintás, a Carballeira de Carballal e un circuíto Biosaudable construído en 2019 completan o patrimonio.

Elementos patrimoniais catalogados

ENTIDAD,C,250LonxitudeLatitude
Conjunto Parroquial de San Xulián do Carballal (As Quintás)42.9247-8.4354
Igrexa de San Xulián do Carballal (As Quintas)42.9249-8.4357
Cruceiro no conxunto parroquial de O Carballal (As Quintás)42.9247-8.4345
Tarrío (O Carballal)42.9299-8.4413
Vivenda en Lamas do Carballal42.9389-8.4305
Medorra nº 1 de Budiño / Coto da Medorra / Medorra nº 1 de Catas (Lamas)42.9436-8.4073
Mámoa de Fonte Seca42.9345-8.4177

Sabías que…?

Houbo un furacán de 1897 que provocou o derrube de parte do campanario de San Xulián de Carballal.

Asociacións

Asociación de Veciños “O Pasadoiro”

(Lugar de la Iglesia, S/N , Lavacolla, 15820)