A economia das parroquias: sectores produtivos
O municipio de Santiago de Compostela ten unha economía na que predomina o sector servizos, coa Universidade, a sanidade, a administración autonómica e o turismo como principais protagonistas. Outros sectores son minoritarios, como a agricultura que representa o 1,1% do total, e necesitan apoio e potenciación. Isto afecta, como xa dixemos, a aquelas parroquias rurais de marcado carácter agrícola, principalmente no norte do municipio.
As explotacións de gando vacún reducíronse nos últimos anos nun 65,44%. Con todo, aínda que o número de cabezas de gando tamén se reduciu fíxoo en menor medida, un 37,03%. Isto indícanos que, malia haber moitas menos explotacións, as que sobreviven son de maior tamaño e máis profesionalizadas.
A superficie total de Santiago é maioritariamente forestal, do mesmo xeito que a maior parte de Galicia, que é unha das principais potencias forestais de Europa. No concello danse pequenas variacións nos últimos anos, aínda que cun pequeno incremento en canto a este tipo de explotacións. O desenvolvemento como sector económico de forma xenérica parece xurdir da dificultade de seguir co modelo tradicional agrario. A superficie de cultivo e prado foise reducindo paulatinamente, o que podería relacionarse coa diminución das explotacións gandeiras.
Taboa 2: Distribución das terras según o uso en Santiago de Compostela
Anos | Superficie total do Concello | Superficie forestal total | Forestal arborizado | Pasteiro, Pasteiro arbustivo e Mato | Superficie de cultivo e prado | Outras superficies |
2006 | 22055 | 10751 | 9664 | 1086 | 6482 | 4823 |
2007 | 22055 | 11467 | 10424 | 1043 | 5962 | 4627 |
2008 | 22055 | 11442 | 10425 | 1017 | 5887 | 4726 |
2009 | 22055 | 11460 | 10483 | 977 | 5899 | 4697 |
2010 | 22055 | 11465 | 10475 | 989 | 5813 | 4778 |
2011 | 22055 | 11470 | 10452 | 1019 | 5813 | 4772 |
2012 | 22055 | 11440 | .. | .. | 5759 | 4856 |
2013 | 22055 | 11440 | .. | .. | 5749 | 4866 |
2014 | 22001 | 11427 | .. | .. | 5754 | 4819 |
2015 | 22001 | 11448 | .. | .. | 5726 | 4826 |
2016 | 22001 | 11453 | .. | .. | 5702 | 4846 |
2017 | 22001 | 11496 | .. | .. | 5669 | 4835 |
2018 | 22001 | 11495 | .. | .. | 5682 | 4824 |
2019 | 22001 | 11468 | .. | .. | 5642 | 4890 |
2020 | 22001 | 11502 | .. | .. | 5581 | 4917 |
Fonte. Consellería do Medio Rural. Estatísticas agrarias
Afiliados a Seguridade Social por sectores en Santiago no nadal do 2021
Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Seguridade Social
Evolución histórica das explotacións de gando bovino e do número de cabezas desde o 2002-2020
Fonte: elaboración propia a partir dos datos do IGE
Distribución dos principaos grupos de cultivos en Santiago no 2020
Fonte: elaboración propia a partir dos datos do IGE
O cooperativismo en Santiago de Compostela na epígrafe agraria inclúe tres cooperativas: Bioapicultura Sociedade Cooperativa Galega, Eat Galicia Sociedade Cooperativa Galega e Foresgal, Sociedade Cooperativa. Tamén existen casos de persoas socias que pertencen a cooperativas que producen en Santiago pero que están fóra do municipio, como é o caso da Leiteira Pico Sacro Sociedade Cooperativa Galega.
O turismo no espazo rural pasou a converterse nunha oportunidade máis de negocio que foi aproveitada nas parroquias de Santiago, onde os establecementos de turismo rural se duplicaron nos últimos anos.
Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Seguridade Social